A Xunta acaba de darlle luz verde á licitación das obras de reforzo do firme da PO-840 en Agolada
- Laura Moure

- hace 5 minutos
- 2 Min. de lectura
Inclúe intervencións ao longo do treito de 9,8 quilómetros de lonxitude, comprendido entre os puntos 58+960 e ata o 68+766
Laura Moure/Agolada
O Consello da Xunta acaba de darlle luz verde á licitación das obras de reforzo do firme nas estradas de titularidade autonómica PO-841 e PO-213, no concello da Estrada, e na PO-840, no concello de Agolada. As actuacións, que suporán un investimento autonómico de máis de 3,6 M€, teñen como obxecto a rehabilitación da capa de rodaxe para mellorar as condicións de circulación nos distintos treitos destas dúas estradas.

Publicidade
De xeito máis concreto, no municipio da Estrada, estas intervencións desenvolveranse no treito de algo máis de 6,3 quilómetros de lonxitude da PO-841, desde o punto 11+760 ata o 18+085, realizando accións puntuais nas rotondas ata o punto quilométrico 21+510; e na PO-213, en varios treitos repartidos ao longo dos seus 15,3 km.
No caso da actuación na PO-840, ao seu paso polo municipio de Agolada, os traballos que se van contratar prevén intervencións ao longo do treito de 9,8 quilómetros de lonxitude, comprendido entre os puntos 58+960 e ata o 68+766. A actuación consistirá na renovación superficial do firme existente nos distintos treitos destas vías de titularidade autonómica. Ademais, repoñeranse marcas viarias lonxitudinais e transversais, e realizaranse traballos de conservación e limpeza da drenaxe actual.
As intervencións obxecto deste contrato non implican a realización de ningunha expropiación, xa que todas están incluídas dentro da franxa de dominio público.
Publicidade
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé licitar estas obras nas vindeiras semanas, para poder adxudicar e iniciar as obras no primeiro semestre do ano 2026. O prazo de execución das obras é de 12 meses.
O Goberno galego sinala que "segue a traballar e a apostar tamén pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria". Plano de situación das estradas de titularidade da Xunta de Galicia nas cales se intervirá:









Comentarios