top of page

A xornalista María Lama será nomeada Valedora da Festa da Empanada da Bandeira

O acto terá lugar o 8 de abril onde se celebrará unha gala coincidindo co Día Mundial da Empanada


Laura Moure/Silleda

A Asociación Cultural Amigos da Empanada reuniu unha vez máis ao Consello dos Valedores e Valedoras para aprobar a concesión dun novo título honorífico. A xornalista María Lama será recoñecida este ano como Valedora da Empanada da Bandeira, o máximo título que concede a Festa da Empanada a persoas cunha brillante traxectoria no mundo da comunicación, artes, cultura, ciencias deporte, política etc.


Andrés Seoane, presidente da entidade destacou que “María  representa a todo ese talento que Galicia exporta ao mundo enteiro e do que debemos estar moi orgullosos e orgullosas”.  

A propia María Lama foi a encargada de desvelar este recoñecemento en directo en “Las mañanas Kiss”, un programa de radio a nivel nacional que presenta xunto co periodista Xavi Rodríguez. “Esto es real, esto no es ninguna broma y estoy contentísima y sorprendidísima porque no me esperaba ser galardonada con este título honorífico” relataba a futura Valedora ante os centos de miles de oíntes de Kiss FM, emisora radiofónica con vinte anos de vida.


Ademais, contou as obrigas que adquiren os Valedores e Valedoras da Festa da Empanada que se comprometen a defender a empanada galega en xeral e a Festa da Empanada en particular aló onde vaian e a comer este produto en Galicia como mínimo unha vez ao ano, feito que provocou as risas de Xavi Rodríguez, que pedía cambiar as regras porque “comerla una vez al año me parece poquísimo, tendría que ser una vez al mes por lo menos”.


Nada en Vigo

María Lama, nada en Vigo no ano 1980 e licenciada en Periodismo, ten unha ampla traxectoria no mundo da radio, no que daría os seus primeiros pasos baixo a  Cadena SER, destacando a súa participación nos programas “Hora 25” e “Hoy por hoy”.


Posteriormente saltou a Los 40 Principales, copresentando o exitoso programa morning show Anda Ya ao que retornaría logo de copresentar o coñecido  Atrévete na emisora Cadena Dial. Na actualidade, presenta o espazo de "Las Mañanas Kiss" xunto a Xavi Rodríguez en Kiss FM. Ademais, María Lama ten experiencia no mundo da televisión, colaborando programa Todo va bien de Cuatro ou Zapeando de La Sexta.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

No 2022 foron nomeados Valedores da Empanada Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, e os periodistas Pepe Domingo Castaño e Fernando Ónega. Nesta edición, Amigos da Empanada organizará unha Gran Gala da Empanada o 8 de abril no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira, coincidindo co Día Mundial da Empanada e da que se irán coñecendo máis detalles nas vindeiras semanas.


O día grande da Festa da Empanada terá lugar o sábado 19 de agosto e terá como novidade a celebración dunha comida popular que se suma á tradicional cea de peñas. 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page