Cándido Paniagua de Xinzo e Rosa Alonso de Trasmiras alzáronse con primeiro e terceiro galardón respectivamente neste certame de cartas convocado polo Concello de Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
A nosa compañeira de ECOS DA COMARCA, a xornalista Laura Moure, de Agolada, alzouse co segundo premio do XXI Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata 2024”, que convoca o Concello de Lalín. Cándido Paniagua Pousa, de Xinzo de Limia, acadou o primeiro posto e Rosa Alonso Lozano, de Trasmiras, o terceiro.

Cándido Paniagua Pousa, de Xinzo de Limia, coa carta titulada “Hajar”; Laura Moure Miguélez de Agolada con “Libérate da arañeira” e Rosa Alonso Lozano, de Trasmiras, coa carta titulada “S/T” alzáronse co 1º, 2º e 3º premio, respectivamente, do XXI Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata 2024”, de acordo ao ditame do xurado emitido o pasado 11 de novembro, tras deliberar sobre as 20 cartas preseleccionadas entre as 54 cartas orixinais presentadas, de acordo á proposta que se vén de aprobar en Xunta de Goberno Local.
A concelleira de Igualdade, Carmen Canda “transmite a en hora boa aos tres gañadores, así como a todas as persoas participantes no certame e convida á veciñanza a participar no acto de entrega de premios que terá lugar o sábado 23 de novembro, ás 18 horas no Salón Teatro Museo no marco da actividade denominada Arte-Acción contra a violencia de xénero”. Unha actividade enmarcada na programación municipal do 25N, organizada pola Oficina de Igualdade, que abrangue unha mirada desde diferentes manifestacións artísticas, literatura, danza, música, imaxe, etc. para visibilizar o traballo contra a violencia”. Contará coas interpretacións de Máisquedanza, Scene Ballet, Pandereteiras Ponte da Prata e Iria Varela e Diego Rodríguez.
Publicidade
Premios
1º premio (tablet 11” 128GB e diploma acreditativo)
2º premio (tablet 10,1” 32GB e diploma acreditativo)
3º premio (lector de libros tinta electrónica 6” e diploma acreditativo)
Commenti