top of page

A XGN Intermax AI Edition suma xa 840 inscritos, superando os do ano pasado nesta cita especial

Terá lugar do 10 ao 12 de outubro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Ecos da Comarca/Silleda

A edición especial que celebra este ano a XGN Intermax, que terá lugar do 10 ao 12 de outubro e se centrará na intelixencia artificial, supera xa os inscritos do ano pasado na súa Intranet, os cales ascenderan daquela a 800. Así, a once días do seu comezo, os rexistrados suman xa 840, un 5% máis. Un crecemento que, tendo en conta os días que restan para o seu comezo e que os interesados poden inscribirse tanto antes do evento como durante a súa propia celebración, supón que as expectativas para esta XGN Intermax AI Edition sexan boas.

Así, esta cita, coincidente co seu 25º aniversario, converterase nun gran punto de encontro de profesionais e afeccionados ás novas tecnoloxías e o lecer electrónico.


O evento contará de novo na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet, aínda que nesta ocasión engadirá un espazo

expositivo coa IA como protagonista. Así, como é habitual, a Intranet, orientada a inscritos, permitirá desfrutar dun posto con conexión de altas prestacións e dará dereito tanto a acampar como a participar en actividades exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os participantes como para quen visite o recinto. Estas actividades, que buscan tanto a aprendizaxe como o entretemento, serán moi variadas, aínda que a intelixencia artificial terá unha importante presenza tanto en conferencias como en talleres tecnolóxicos interactivos.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola súa banda, a zona expositiva estará destinada a empresas centradas en

intelixencia artificial. Unha pequena mostra que será o xerme dunha futura feira especializada nesta tecnoloxía emerxente.


Horarios das distintas zonas

En canto á dispoñibilidade destas áreas, a Intranet estará operativa de forma ininterrompida para inscritos dende o día 10 ata o 12 outubro á primeira hora da tarde,

aínda que poderán acceder xa ao recinto o día 9 ás 16.00h na chamada preparty.

Respecto á Extranet e Exposición centrada en IA, poderase acceder o 10 e 11 de

outubro de 10:00 a 20:00 horas, de forma gratuíta.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Formación, entretemento e, tamén negocio, serán así os eixos desta edición especial,

que contará de novo co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsora da party, e co patrocinio oficial de Intermax Technology.


Grazas a esta compañía tecnolóxica galega, a cal se incorporou ao proxecto o ano

pasado, os participantes poderán navegar por segunda vez a unha velocidade de ata

40 Gbps, o dobre do que se alcanzaba antes da implicación de Intermax Technology no

evento. Ademais, nesta edición o provedor galego de aloxamento, servidores e

infraestrutura Raiola Netwoks súmase ao evento cun patrocinio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page