top of page

A unión de IA e impresión 3D permitirá crear medicamentos á carta en hospitais

12 oct 2025
3 min de lectura

Álvaro Goyanes, cofundador de Fabrx AI, empresa pioneira na aplicación da intelixencia artificial ao desenvolvemento de fármacos, falou disto na XGN Intermax AI Edition de Silleda


Laura Moure/Silleda

A XGN Intermax AI Edition continuou onte no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. E faino cun interesante programa de actividades tanto para os inscritos na zona Intranet desta lanparty como para os visitantes da súa área de acceso libre, a Extranet. Neste espazo con entrada gratuíta desenvólvense nesta xornada conferencias de gran

nivel, a maioría sobre diversos aspectos relacionados coa intelixencia artificial. Temática acorde á edición especial do evento, que este ano, coincidindo co seu 25 aniversario, céntrase nesta tecnoloxía emerxente.


Entre elas destacou a impartida por Álvaro Goyanes, profesor da Facultad de Farmacia da USC e cofundador tanto de Fabrx, primeira empresa adicada exclusivamente á impresión 3D de medicamentos personalizados, como de Fabrx AI, firma galega pioneira na aplicación da intelixencia artificial para desenvolemento de medicamentos.

Álvaro Goyanes, referente mundial neste eido, expuso no seu relatorio como a intelixencia artificial e a impresión 3D están converxendo para transformar a fabricación de medicamentos personalizados, amosando como a IA pode ayudar a predecir a dosis óptima para cada paciente, optimizar as formulacións e axustar os parámetros de

impresión de forma automatizada. 


Neste sentido, este experto destaca que a impresión 3D “permite fabricar tratamientos adaptados a las necesidades de cada paciente, tanto en dosis como en composición,

forma o liberación del fármaco”. Con esta tecnoloxía “en lugar de producir millones de comprimidos idénticos en una fábrica, podemos imprimir medicamentos a la carta en

hospitales o farmacias, ajustando la cantidad exacta de principio activo o combinando

varios en un solo medicamento. Isto, sinala, “mejora la eficacia, la seguridad y la

adherencia al tratamiento, especialmente en poblaciones vulnerables como niños,

personas mayores o pacientes con enfermedades raras”.


Neste desenvolvemento de medicamentos especializados a intelixencia artificial está comenzando a xogar un papel destacado. Como explica Álvaro Goyanes, en Fabrx AI emprégana para “predecir la dosis óptima que necesita cada paciente, optimizar las formulaciones, prever la estabilidad de los fármacos y seleccionar los parámetros de

impresión más adecuados”. Nun futuro, indica “la IA permitirá que los sistemas de impresión 3D ajusten automáticamente la composición y dosis del medicamento en

función de los datos clínicos del paciente, por ejemplo, su edad, peso, genética o

respuesta al tratamiento, avanzando hacia una fabricación totalmente automatizada y

conectada”.


En canto a o que esto supón para a medicina e o tratamento de enfermidades, Álvaro Goyanes considera que “supone un cambio de paradigma”, xa que “durante más de un

siglo la industria farmacéutica ha estado centrada en la producción masiva de

medicamentos estandarizados” e a impresión 3D permite “pasar a una medicina

verdaderamente personalizada y descentralizada, donde el paciente está en el centro

del proceso”. Isto “puede mejorar los resultados clínicos, reducir efectos secundarios y

optimizar el uso de recursos sanitarios” y a largo plazo “transformará cómo concebimos

la fabricación, distribución y prescripción de medicamentos”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha realidade que xa está aquí

Álvaro Goyanes tamén mostrou aos asistentes á conferencia exemplos prácticos e

resultados dos proxectos na súa empresa, Fabrx, que demostran que a combinación de

intelixencia artificial e impresión 3D non é ciencia ficción, que xa está aquí.


Así, explicou que en Fabrx desenvolveron a primeira impresora 3D con certificación

GMP para uso farmacéutico (M3DIMAKER) e as súas Pharma-inks (tintas farmacéuticas) empréganse en proxectos de investigación e de produción de medicamentos en distintos países. O seu obxectivo, destaca, é que “en un futuro próximo, cada hospital pueda fabricar tratamientos personalizados bajo demanda, acercando la innovación directamente al paciente”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page