top of page

A unidade móbil da ITV de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda o mes de febreiro

Ecos da Comarca/Silleda

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará de novo o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.

A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 7 e 9 de febreiro. Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga do 12 ao 14.


En Escuadro (estará xunto ao cemiterio) dende o día 15 ao 19 febreiro; e por último en Silleda (detrás do ambulatorio) a unidade móvil estará do 20 ao 23 de febreiro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O horario habitual de atención será de 9:00 ás 13:30 horas e de 15:15 ata as 18:00 horas de luns a venres agás o día 23 de febreiro, última das xornadas en Silleda na que só se atenderá en horario de mañá.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309 000, ou a través da páxina web www.sycitv.com.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda procederase tamén á colocación de bandos informativos detallando os lugares e horarios.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page