A un camión que transportaba madeira envorcoulle un dos remolques no Pino
- ecosdacomarca

- 28 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Onte, mércores pola mañá, un camión que transportaba madeira envorcoulle un dos remolques no concello do Pino.

Publicidade
En concreto, o 112 Galicia foi alertado ás 11:40 horas da mañá e este avisou á Garda Civil de Tráfico. "Indicáronos que un camión estaba perdendo parte da carga de madeira en Lardeiros, pero que o condutor estaba ben", sinala o 112 Galicia.
Publicidade
O 112 indicou que o suceso ocorreu na parroquia de Lardeiros aínda que a persoa que nos enviou a foto sinalounos que era xa Gonzar.








Comentarios