top of page

A U.D. Santiso Femenino busca adestrador ou adestradora e xogadoras

Os seus adestramentos son os martes e venres


Laura Moure/IsmaelRS/Santiso

As xogadoras da U.D. Santiso Femenino.

A Unión Deportiva Santiso Femenino é unha gran familia. Só basta con pasar unhas horas coas súas xogadoras para ver a boa sintonía que existe entre elas. E iso no terreo de xogo tamén se nota. Están a piques de comezar a nova tempada e buscan novo adestrador ou adestradora e tamén xogadoras.


Publicidade

A pasada semana estivemos no primeiro adestramento desta tempada e mira o que nos contaron dúas das xogadoras Tere Castiñeira e Marta Vázquez e o presidente e actual adestrador, Javi Gómez.

Actualmente son algo máis dunha quincena de xogadoras e os adestramentos son os martes e venres ás 21:00 horas.

Publicidade

Así que xa sabes! Se te queres sumar a esta gran familia e formar parte da U.D. Santiso Femenina podes contactar co presidente e actual adestrador, Javier Gómez, a través do teléfono 647 250 116.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page