O desafío levarao a cabo a empresa familiar melidá Ecocentro, S.C. comercializadora da marca El Huevo de la Abuelo, dentro da I Feria del Huevo Campero
Laura Moure/Melide
En Melide elaborarase esta fin de semana a tortilla máis grande do mundo. O desafío levarao a cabo este domingo 15 de setembro a empresa familiar melidá Ecocentro, S.C. comercializadora da marca El Huevo de la Abuelo, dentro da I Feria del Huevo Campero, que terá lugar o sábado e domingo.
O acto central está previsto que teña lugar ao redor das dúas da tarde, tras o momento álxido do volteado, ás 13:00 horas, mediante un potente guindastre da inmensa tixola de case 6 metros de diámetro, que albergará 15.000 ovos, 1.700 kg de patacas, 300 litros de aceite e 30 kg de sal., cun peso total de máis de 8.000 kg.
Publicidade
Os asistentes poden adquirir os seus tickets solidarios por anticipado para as racións da xigantesca tortilla na páxina web https://www.woutick.es/evento/58160/entradas-tortilla-mais-grande-do-mundo sen esperar a adquirilos presencialmente este domingo 15 en Melide, e os 3 euros que custa cada ración serán destinados integramente a entidades e comedores sociais. Ademais, dentro do programa da feira, que abrirá as súas portas o sábado 14 ás 14 horas contará no centro da localidade coruñesa cunha trintena de casetas, celebraranse showcookings, charlas divulgativas sobre as propiedades nutricionais do ovo campero e a lonxevidade, a cargo de Pablo García, farmacéutico, dietista, nutricionista e presidente de Ourensividad, e un concurso de tortillas que repartirá máis de 1.000 euros en premios entre os máis de 20 participantes anotados, tanto particulares como profesionais.
Ecocentro, S.C. antes do desafío de cociñar a tortilla máis grande do mundo e de celebrar a 1ª Feria del Huevo Campero, inaugura para os medios de comunicación e autoridades este sábado 14 ás 12 horas as súas novas instalacións en Melide e Palas de Rei, que contan coa última tecnoloxía en robotización canto ao clasificado e envasado de ovo, totalmente interconectadas coa última tecnoloxía 4.0 cos máis altos estándares de calidade en busca dos mellores índices de benestar animal. No acto está confirmada a presenza da conselleira de medioambiente e cambio climático, o director xeral de gandería, agricultura e industrias agroalimentarias ou o bispo de Lugo, ademais de alcaldes e outras autoridades locais e autonómicas.
Publicidade
Ecocentro, S.C. é unha empresa familiar con máis de 30 anos de experiencia, que produce actualmente 10.000 ducias diarias de ovos camperos da máis alta calidade. Actualmente conta con máis de 120.000 galiñas camperas propias alimentadas en máis dun 50% con millo, xunto con outros cereais, e pastos.
DATOS TORTILLA MÁS GRANDE DO MUNDO
• 15.000 ovos
• 1.700 kg de patacas
• 300 litros de aceite
• 30 kg de sal
• Case 3.000 kg de tortilla
• Case 6 metros de diámetro
• Más de 5.000 kg de tixola e 8.000 Kg de peso en total
Comments