A temperatura media máx. diaria de xuño na estación de Mouriscade dende 1983: Récord xuño 2025
- ecosdacomarca
- hace 4 días
- 2 Min. de lectura
Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas, xeógrafo lalinense
En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre as temperaturas rexistradas na estación de Mouriscade, Lalín, no pasado mes de xuño.
A TEMPERATURA MEDIA MÁXIMA DIARIA DURANTE O MES DE XUÑO NA ESTACIÓN DE MOURISCADE DESDE 1983. RÉCORD EN XUÑO 2025
"A gran cantidade de datos meteorolóxicos recollidos na estación de Mouriscade, durante 42 anos, permite entrar en moitos detalles de valor climático (período de observacións superior 30 anos consecutivos). Un deses aspectos, relacionado co lento incremento das temperaturas, por causa do "cambio climático", é a evolución das temperaturas medias das máximas diarias durante os meses de xuño, no período comprendido entre 1983-2025.

Publicidade
Ao longo do período comprendido entre 1983-2025 a temperatura media das máximas absolutas diarias do mes de xuño estivo entre o valor máis alto da serie, en xuño 2025, con 26,5ºC e o valor máis baixo produciuse ano 1997 con 18,2ºC. Polo tanto, a oscilación térmica comprendida entre o valor máximo e mínimo foi de 8,3ºC (26,5 - 18,2 = 8,3ºC). A media das máximas absolutas do mes de xuño foi 22,6 ºC.
Publicidade
Se temos en conta a situación cronolóxica dos valores medios máis elevados, neste caso superiores a unha media de 26ºC, convén aclarar que no caso dos catro anos que sobrepasaron dito valor situanse a partires do ano 2000 e iso quere dicir na primeira metade da serie de datos (1983-2003) ese valor nunca chegou a 26ºC de media, mentres que desde 2004 superouse ese valor en catro ocasións".
Antonio Presas, xeógrafo lalinense.
Comments