top of page

A Sociedade Deportiva de Agolada entrega os tapóns recollidos á Sociedade Deportiva Esclavitud

24 jul 2021
1 min de lectura

Esta iniciativa serve para colaborar na campaña solidaria de axuda na investigación da enfermidade de Dent e a familia de Hugo, un neno que a padece


Laura Moure/Agolada

Este venres membros da directiva da S.D. Agolada desplazáronse o Campo de Fútbol Novo Doce (Padrón) da Sociedade Deportiva Esclavitud para depositar os tapóns recollidos para colaborar na campaña solidaria para axudar na investigacion da enfermidade de Dent e a familia de Hugo, un neno que a padece.

"Sentimos a tardanza pola entrega que se debeu a situación extraordinaria que estamos vivindo. Aproveitamos a ocasión para dar os parabéns e as gracias por todo o traballo desinteresado que moita xente está facendo, dende os nosos compañeros da S.D. Esclavitud", indica a Sociedade Deportiva Agolada. " E por último agradecer a Muebles Miguélez, S.L. por proporcionarnos o medio de transporte para poder levar os tapóns o seu destino. Gracias!", engade. E sinala que ao comenzo da tempada informará de se seguirán recollendo tapóns.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page