top of page

A Sareb cede ao Concello de Silleda o uso do solar de Barrio do Campo

O obxectivo é crear un estacionamento público con zona axardinada


Laura Moure/Silleda

A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Restructuración Bancaria (SAREB) vén de ceder temporalmente o uso dun solar en Barrio do Campo, formado por varias parcelas que posúe esta entidade, ao Concello de Silleda. A alcaldesa e responsable da área de xestión urbana, Paula Fernández Pena, asinou co representante da Sareb un acordo polo que o Concello de Silleda poderá utilizar estes terreos (formados por un total de cinco parcelas), sitos nun dos barrios de entrada á capital municipal.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O convenio que marca a cesión do uso con prórrogas anuais, establece que o Concello destinará estas parcelas a estacionamento público de vehículo con zona axardinada que se mellorarán os servizos á cidadanía, ademais de adecentar esta céntrica zona.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Publicidade

Preme na imaxe para consultar programa e horarios.

“Nas vindeiras semanas, e aproveitando tamén o seguinte turno de uso das máquinas da Mancomunidade Terras do Deza, vanse acometer actuacións tanto no vial que rodea o terreo, entre a rúa Xeral en plena N-525 e a rúa Carballeira do Chousiño, como nestas parcelas”, indica a alcaldesa.


As parcelas están situadas xusto na parte posterior ao lavadoiro de Barrio do Campo, lindando ca estrada nacional e a rúa Carballeira do Chousiño. Dende o Concello de Silleda agradécese á SAREB esta cesión, así como outras xestións que están a realizar ambas entidades.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Así nas últimas semanas, Paula Fernández, mantivo cos responsables da sociedade un encontro para abordar a cesión destes terreos e cuestións relativas á vivenda no municipio, con importantes avances que se darán a coñecer en vindeiras datas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page