top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A residencia de maiores de Silleda informa que foi diagnosticado un positivo en Covid-19 no centro

A persoa afectada foi traslada ao hospital, pero atópase en bo estado e sen síntomas


Laura Moure/Silleda

A dirección da Residencia de maiores de Silleda comunica que durante o cribado semanal que se realiza neste centro con probas xerontolóxicas para residentes e persoal, e seis semanas despois de ser todos (equipo e pacientes) vacinados contra o coronavirus, foi diagnosticado un positivo en Covid-19.

"Trátase dunha paciente da nosa residencia que non presentou ningún tipo de síntoma durante as pasadas semanas. En canto se coñeceu o seu positivo, a paciente foi derivada ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela onde lle foi practicada a proba PCR, sendo o seu resultado tamén positivo", indica a residencia a través dun comunicado. "A nosa residente atópase en bo estado e sen ningún síntoma de Covid e todos nós estamos moi pendentes da súa evolución e estado, desexando a súa pronta recuperación", engade.


Durante o día de hoxe están facendo un cribado de novo entre todos os residentes e os integrantes do equipo, "poñéndonos á disposición de calquera medida que nos axude a previr os contaxios". E ademais, incide que "na nosa residencia cumprimos dende o inicio da pandemia con todos os protocolos de atención e seguridade, velando sempre pola saúde dos nosos maiores. Aislámonos, restrinximos as visitas, vacinámonos en canto nos foi posible e intensificamos as medidas de prevención cun cumprimento exhaustivo de cada un dos procesos que levamos a cabo no noso día a día, sempre coa mirada posta na protección dos nosos residentes"."E sempre avogamos e mostramos transparencia do acontecido no seo da nosa residencia, e nesta ocasión non ía ser menos. Comprometidos coa saúde dos nosos maiores, faremos todo canto esté nas nosas máns para a mellora da situación", conclúe.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page