top of page
Foto del escritorLaura Moure

A residencia de maiores de Palas cumpre dous anos con 46 usuarios e lista de espera

O alcalde do municipio, Pablo Taboada, visitou as instalacións con motivo do aniversario


Laura Moure/Palas de Rei

Neste mes de marzo, en concreto onte, día 5, cúmpreuse dous anos da posta en funcionamento da residencia de maiores de Palas de Rei. Con motivo deste segundo aniversario, o alcalde deste municipio, Pablo Taboada, achegouse ata as súas instalacións, onde aproveitou para conversar e intercambiar impresións cos usuarios e profesionais, acompañado polo promotor, Marcos Vázquez, e a súa directora, Mónica Pardo.

Este complexo residencial, único na Comarca da Ulloa, declarado por parte do Concello “Proxecto de Especial Interese”, supuxo unha inversión de 1.250.000 euros de iniciativa privada local que na actualidade está xerando unha veintena de postos de traballo directos en pleno núcleo urbano palense. Asentada na Avenida de Lugo de Palas de Rei, nunhas modernas instalacións, o Centro Residencial de Palas, conta cun equipo interdisciplinar que abrangue dende: terapeutas, xerocultores, enfermeiros, cociñeiros,… ata a traballadora social. Todos eles están a prestar atención de diverso tipo aos 46 usuarios internos no Centro Residencial.

En canto a procedencia do usuario, hai unha procedencia dispar, xa que son de diversas localidades galegas, dado que 20 das súas prazas son de carácter público; e con respecto as 26 prazas privadas, o perfil de procedencia do usuario é, maioritariamente, da Comarca da Ulloa e dos concellos da zona. A día de hoxe, a oferta das súas prazas está completada, incluso, hai unha lista de espera para ingresar nela.


NOTICIAS RELACIONADAS:





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page