Laura Moure/Palas de Rei
O Consello da Xunta de Galicia informou este xoves da contratación de 55 novas prazas públicas en residencias nos concellos de Lobios, Parada de Sil e Palas de Rei, que se licitarán por un período inicial de dous anos, prorrogables ata un máximo de cinco. O contrato entrará en vigor o 1 de novembro deste ano e o investimento, sumando prórrogas, ascenderá a 6 millóns de euros.
Estas 55 novas prazas distribuiranse da seguinte maneira: 25 serán para Lobios, 10 para Parada de Sil e 20 para Palas de Rei. Este novo acordo permitirá financiar este servizo por primeira vez nestes tres concellos do rural da provincia de Lugo e Ourense. O Goberno galego busca garantir que as persoas maiores poidan recibir atención de calidade vivan onde vivan. Neste sentido, estas prazas permitirán responder ao envellecemento da poboación das zonas menos poboadas e ás características territoriais da nosa comunidade.
Comments