top of page

A residencia de maiores de Palas de Rei cumpre un ano con todas as súas prazas completas

Conta con 46 usuarios dos cales unha vintena están en prazas públicas


Laura Moure/Palas de Rei

A residencia de maiores de Palas de Rei cumpríu este martes un ano. Trátase do primeiro centro residencial destas características na comarca da Ulloa. Logo dunha inversión de 1.250.000 euros, dos que contaron con 200.000 euros de axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR) Miño-Ulla e a declaración por parte do Concello de Palas de Rei, como “Proxecto de Especial Interese”, este centro residencial en Palas de Rei botaba a andar con cinco usuarios e 10 traballadores en plantilla; hoxe en día, un ano despois, esta residencia ten completada a súa capacidade de prazas, con 46 usuarios, dos cales, 20 están en prazas públicas e 26 están prazas privadas. E ademais, conta cun equipo interdisciplinar de 20 profesionais en plantilla (xerocultores, cociñeiros, enfermeira, terapeuta ocupacional, traballadora social,...).

Con motivo da celebración do primeiro ano de vida da residencia de maiores o alcalde de Palas, Pablo Taboada, acompañado do Tenente de Alcalde, Amando Sande, visitou ós residentes cos que estivo falando e compartindo impresións da súa estancia no centro, así como, cos profesionais que a diario comparten vivencias con eles. Tal, como destacaba a directora deste centro residencial, Mónica Pardo, o perfil de procedencia dos usuarios é moi variado. "Dentro das prazas privadas predominan os residentes da comarca da Ulloa e do seu entorno, mentres que, nas públicas son usuarios de distintas procedencias de Galicia (Porriño, Ferrol, Santiago,…). Son usuarios que en principio tiñan solicitado a súa zona, pero que debido que surxiron as prazas públicas aquí, llas concederon a eles. Xa teñen o traslado pedido, co cual, nos imaxinamos que nun futuro haxa vacantes en prazas públicas ás que poidan optar outras persoas da contorna ”, sinala Pardo.

En canto o perfil de idades dos usuarios, este é moi variado. Vai dende os máis novos de 60 anos a máis maior de 99 anos. No funcionamento diario do centro residencial en Palas de Rei a integración dentro da comunidade é un aspecto fundamental. "Comenzamos o día cunha lectura de prensa despois do almorzo para que estean actualizados onde resaltamos as noticias da zona; despois diariamente tempos outra serie de actividades, pero tamén está ese grupiño de residentes que sae tomar un café, charlar cos veciños, …; recentemente vimos de participar no concursod os Carnavais do Concello, que por certo, nos levamos o segundo premio e en todas as actividades que podemos do Concello de Palas estaremos encantados de participar”, destaca Pardo.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page