top of page

A “Red Europea contra la Pobreza” interesase polo funcionamento da Oficina de Vivenda de Silleda

Recibiu a visita do director desta entidade


Laura Moure/Silleda

O Director da Rede Europea contra a Pobreza en Galicia (EAPN-Galicia), Xosé Cuns, achegouse ata Silleda para coñecer de primeira man a funcionamento da Oficina de Vivenda de Silleda, co fin de poder dar a coñecer a iniciativa e así intentar replicala

noutros concellos, xa que “esta oficina da resposta a unha das principais demandas da rede, que cheguen as axudas directamente as persoas que máis o precisan”, indica.

Xosé Cuns recibiu esta información directamente da concelleira de Urbanismo, Paula Fernández, coa que mantivo unha reunión na que esta lle explicou en detalle todas as liñas de acción xa postas en marcha, ademais de adiantarlle cal será a liña de traballo da oficina para os vindeiros meses.


Así pois, a concelleira deulle conta do traballo de información que se está levando a cabo estes dias entorno as axudas de aluguer e a coordinación que existe entre a oficina de vivenda e os servicios sociais municipais para garantir que todas as familias vulnerables que cumpran os requisitos esixidos poidan optar a estas axudas. “Dende o departamento de Benestar Social están avisando a todas as familias usuarias para que a soliciten, mentres que dende a oficina de vivenda estase atendendo ao resto da cidadanía”, un feito que celebrou o director de AEPN-Galicia xa que dixo que non é practica habitual nos concellos que exista esta colaboración entre os diferentes servizos municipais, polo que

parabenizou o sistema.


“Poucas iniciativas coñecemos de apoiar á cidadanía máis vulnerable para poder acceder as axudas de vivenda”, remarcou Cuns. O director da Rede Europea contra a pobreza adiantoulle á concelleira que dende a entidade promoverá o replicado desta iniciativa, sobre todo entre os concellos máis grandes. “Parece mentira que nas grandes vilas e cidades non haxa iniciativas de este estilo” e sorprendeuse co alto nivel de participación da cidadanía na mesma.


A EAPN (European Anti Poverty Network) é unha coalición independente de ONG’s e outros grupos involucrados na loita contra a pobreza e a exclusión social nos Estados membro da Unión Europea. Creada en decembro de 1990, traballa para a erradicación da pobreza e da exclusión social. EAPN-Galicia aglutina a un total de 22 asociacións sociais.

Axentes colaboradores

Outras das cuestións que se plantexaron durante o encontro foi a creación da figura de axente colaborador para que as e os técnicos locais que o consideren poidan anotarse na oficia para que se lle poidan facilitar os seus datos a cidadanía que precise de elaboración de documentación técnica para a súa subvención.


O personal técnico poden anotarse no mesmo numero de teléfono da oficina (986 180 233).

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page