A programación Primavera de Cultura de Arzúa acaba este sábado cun concerto da Rondalla Moraima
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pechará hoxe, sábado, 24 de maio, a presente edición da programación Primavera de cultura que ofreceu durante os meses de marzo, abril e maio unha quincena de propostas centradas no fomento da lectura e na conmemoración das Letras Galegas. A Casa da Cultura acollerá este sábado un concerto da Rondalla Moraima de Arzúa que poñerá o broche de ouro a esta programación co primeiro dunha serie de recitais que a formación ofrecerá este ano con motivo do seu 25 aniversario.

Ao longo do 2025 a rondalla levará a cabo varias actuacións especiais. Esta primeira será cun repertorio completamente en galego a partires de poemas musicados e de pezas de tradición oral para sumarse á homenaxe deste ano polo Día das Letras Galegas ás cantareiras.
Publicidade
Este acto terá lugar a partir das 20:00 hora e a entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Publicidade
O concelleiro de Cultura, José Luís García, agradece “a implicación do público, centros de ensino e artistas que fixeron desta programación que despedimos un auténtico éxito, especialmente á veciñanza das parroquias pola súa gran resposta e boa acollida ao programa As parroquias contan”. Ao mesmo tempo, quixo recoñecer “o labor da Rondalla Moraima a favor da cultura e do tecido asociativo local e darlle os parabéns polos seus 25 anos de vida”.
コメント