top of page

A primeira parada dunha viaxe en galego: “Filipa cos contos” chega a biblioteca de Arzúa

Iniciarase este venres, 23 de maio


Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Normalización Lingüística, inicia este venres 23 de maio a programación “En galego, ata o infinito e máis alá!” cunha actividade pensada para o público familiar: o espectáculo “Filipa cos contos” da compañía Bandullo Azul. A cita terá lugar ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, e supón o punto de partida dun programa que busca achegar a lingua galega ás crianzas a través do xogo, a creatividade e o pracer de escoitar e contar historias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O espectáculo, protagonizado e dirixido polo actor Fran Campos, convida a vivir unha sesión “filipante” de contos chea de música, humor e tradición oral. Durante 50 minutos, o público poderá gozar de relatos cantados, xogos de palabras e historias que beben tanto do noso entorno como doutras culturas. Acompañado da súa inseparable amiga Filipa, Fran Campos ofrece unha proposta para todas as idades, na que tanto as crianzas como as persoas adultas atoparán espazo para reflexionar, rir e soñar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde a Concellería de Normalización Lingüística, Lucía López, destaca que esta  programación nace co obxectivo de “normalizar o uso do galego nas idades máis temperás, apostando por actividades de lecer que presenten a nosa lingua propia como un vehículo natural para a aprendizaxe, a diversión e a creatividade”.

A entrada ao espectáculo é libre e gratuíta ata completar aforo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page