top of page

A praza de Pichel na Bandeira convertirase nun espazo de uso público

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O Concello de Silleda e a propiedade asinan un convenio no marco do programa municipal de recuperacion de espazos degradados e a estrutura será demolida


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda asinou este mércores un acordo case histórico, no marco do programa de recuperación de espazos degradados nos cascos urbanos. Así, o Concello de Silleda firmou un novo convenio, neste caso para a localidade da Bandeira, onde a edificación máis coñecida como praza de Pichel, situada na contorna da praza da Feira e a rúa Ramón de Valenzuela, se convertirá nun espazo de uso público, que inicialmente se destinará a xardín e no que se instalarán equipamentos deportivos móbiles para á mocidade.

Trátase dun solar existente en estado de abandono, no que se conservan parte dos restos dunha antiga construción que se comezou a construir nos anos 50 para albergar unha praza de abastos que nunca chegou a funcionar e que agora será demolida para transformarse nun espazo diáfano e para a veciñanza.


O Concello de Silleda asumirá todas as actuacións necesarias para adecuar, acondicionar e manter o terreo para o fin que se pretende, segundo o detalle recollido no proxecto de derrube da estrutura existente xa redactado, e que inclúe ademais obras de acondicionamento de xardíns e preparación do solado existente.


Este convenio de cesión segue a mesma liña que os xa asinados nos cascos urbanos tanto de Silleda como da Bandeira nos últimos anos, e que serviron para a creación de zonas de estacionamento e xardíns de usos público. Neste caso a cesión acordase para os vindeiros catro anos, debendo renovarse o acordo de manera expresa entre a familia e o Concello.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Cesión gratuíta

Dado que se ben a cesión é gratuíta, tendo en conta que o Concello de Silleda vai a acometer obras de acondicionamento, os propietarios deberán indemnizar ao Concello en caso de que a cesión gratuíta finalice con anterioridade ao prazo establecido, sempre que dita finalización non se produza por incumprimento, por parte do Concello, dalgunha das súas obrigas.


O goberno municipal, que iniciou as negociacións hai anos, intensificou nos últimos meses este acordo ca propiedade, a quen agradece a súa vontade. O alcalde, Manuel Cuiña, asinou o convenio con Juan Ramón Pichel Teijeiro, en presentación da comunidade de herdeiros de D. Francicos Pichel Gómez, un acordo no que se traballou durante os últimos

meses dende o departamento municipal de Urbanismo, que dirixe Paula Fernández, ca elaboración tanto do acordo como do proxecto de demolición da estrutura.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page