top of page

A Plataforma veciñal contra a mina de Touro-O Pino presenta unha queixa ante a Valedora do pobo

O motivo, sinala que "é polas trabas á veciñanza na súa lexítima loita contra a reapertura da mina de cobre"

Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma veciñal contra a mina de Touro-O Pino ven de presentar unha queixa á Valedora do Pobo polo “abuso de poder” do Goberno Galego, ao negarse a Consellería de Economía da Xunta, a recoñecer o carácter de “afectados” a veciñanza afectada pola instalación do proxecto mineiro, incluso a persoas propietarias de terras onde se pretende a súa instalación.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

"Isto deixáas en clara indefensión, sen voz na tramitación do proxecto, vulnerando os seus dereitos de participación, sendo as persoas máis directamente prexudicadas", lamenta a plataforma.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Resulta inconcibible, apunta, "non considerar “afectado” a calquera veciño ou residente na zona e en toda a conca do Ulla, ata a propia Ría de Arousa".

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Porén, rexeitar esta condición incluso aos directamente afectados nas terras da súa propiedade, revela ate que punto a Xunta de Galicia abusa do seu poder para facilitar a instalación dun negocio privado meramente extractivo, promovido polo lobby mineiro, que pon en grave perigo o medio ambiente, a economía agropecuaria e pesqueira e mesmo a saúde e calidade de vida de miles de galegos e galegas", salienta o colectivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E recalca que "xa hoxe en día o Concello de Touro ten problemas para subministrar auga potable á súa veciñanza, ata o punto de que ten que mercar 173m3 diarios de auga ao Concello de Boqueixón. Pódese prever perfectamente o que sucederá coa instalación dunha mina que consumirá millóns de litros dese mesmo caudal, poñendo en perigo o recurso máis elemental e básico para a vida. Permitilo sería unha irresponsabilidade histórica".

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

E insiste en que "a Xunta de Galiza atópase nun punto de total inconsistencia ambiental e social e a única saída posible pasa por atender ao clamor social, emitir unha Declaración de Impacto Ambiental desfavorable e proceder ao arquivo definitivo do proxecto de Cobre San Rafael".


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page