A pizza de polbo á feira da Casa do Gato de Lalín elixida a mellor de Galicia
- Laura Moure

- 7 dic 2023
- 2 Min. de lectura
Así o determinaron as persoa que votaron na primeira edición do Campionato de España de Pizzas, no que triunfou a nivel nacional unha de Castellón
Laura Moure/Lalín
A quen non lle gusta a pizza? E a verdade e que non podemos atopar con infinitas variedades delas! Do 1 al 26 de novembro, 120 locais participaron na primeira edición do Campionato de España de Pizzas para logar ser a Mellor Pizza de España 2023. Pois a gañadora foi unha de Castellón, sen embargo, da comunidade galega alzouse co primeiro posto un restaurante das comarcas. Si! A Casa do Gato de Lalín que triunfou coa súa pizza de polbo.
Publicidade
O público foi o que tivo voz e voto na elección. Como recolle a páxina do campionato o primeiro posto a nivel España foi a pizza de Le Otto de Due.Zero de Castellón (Comunidade Valenciana); o segundo premio foi para a de RústicaNapoletana Aires de la Sierra de Cazalla de la Sierra, Sevilla (Andalucía) e no terceiro lugar quedou Calabaza Ti Amo! de Baldoria de Madrid.
Mentres, como diciamos liñas máis arriba foi unha pizza das comarcas a que triunfou na comunidade galega. A Casa do Gato de Lalín alzouse co primeiro posto coa súa pizza de polbo á feira. Co segundo alzouse La Bella Napoli 1970 de Pontevedra con Bonta di Bosco e por último, La Mole di Torino de Vigo logrou o terceiro premio con Porchetta.
Publicidade
Sobre a gañadora de Lalín
Pizza de polbo á feira

Publicidade
Ingredientes: Masa: fariña País, sal, aceite oliva virxe extra, fermento, auga. Crema de pataca que se fai cocendo a pataca en auga de polbo e reducíndoa con auga e leite ata que quede con base de crema. Levará tamén mozzarella, queixo do país e polbo.
Alérxenos: Marisco, glute e lactosa
É unha pizza clásica, cunha demi-glace de pataca ou crema, por encima un pouco de mozzarella e queixo do país, e xa despois polbo galego a feira, aceite de oliva e se o cliente quere un pouco de pemento.
É unha pizza facendo honra ao prato estrela da gastronomía galega.
Parabéns!!









Comentarios