A piscina municipal de Cruces abrirá renovada no verán trala intervención que contou con 144.000 euros
- Laura Moure

- 12 abr
- 2 Min. de lectura
A obra inclúe a renovación do vaso da piscina grande, para evitar perdas de auga cun novo illamento e impermeabilización e un revestimento de baldosa de gres antideslizante
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces está a realizar actuacións de mellora na piscina municipal dentro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra. Cun orzamento de 144.000 euros –107.000 aportados pola Deputación e 37.000 euros polo
Concello– está prevista a súa finalización a principios do verán.

A piscina de maior tamaño é o obxecto das obras. Presenta diversas deficiencias que se resolverán coa actuación proposta. Segundo explica o alcalde de Cruces, Luís Taboada, o vaso de obra atopábase en mal estado de conservación, con acabados deteriorados e fisuras que provocaban importantes perdas diarias de auga, estimadas en 25 m³, ademais da ausencia de rebosadoiros no perímetro. “Iniciamos esta intervención con carácter sustentable e social, mellorando notablemente un espazo de gran uso e concorrencia da nosa veciñanza. Porque a piscina municipal é unha infraestrutura céntrica que completa abondo a oferta de áreas recreativas nas parroquias”, segundo destaca o rexedor cruceño.
PUBLICIDADE
O proxecto inclúe a reforma das instalacións do vaso da piscina, de xeito que queden accesibles para a súa conservación e mantemento, garantindo a correcta recirculación
da auga. Retirarase todo o revestimento das paredes do vaso, procederase ao seu
illamento e impermeabilización co fin de evitar filtracións no futuro. O novo revestimento
do vaso terá baldosa de gres antideslizante.
PUBLICIDADE
Ademais, o proxecto inclúe a redución da altura do vaso da piscina, así como a creación dunha zona lixeiramente horizontal para a realización de clases de ximnasia acuática (aquagym).








Comentarios