A parroquia melidense de Furelos volve ao 1900 co VII Mercado de Época os días 19, 20 e 21 de setembro
- Laura Moure

- 6 sept
- 1 Min. de lectura
Durante estas xornadas a animación, os xogos, a música, a artesanía, a tradición e os antigos oficios serán os grandes protagonistas
Laura Moure/Melide
O VII Mercado de Época de Furelos (Melide) permitirá a veciñanza e visitantes dar un salto ao pasado, concretamente ata o ano 1900. Para iso, haberá música polas rúas desta
parroquia, talleres e obradoiros de elaboración de pan e do traballo en pedra, animacións para toda a familia, circo na rúa, malabares, figurantes, zancudos, expositores de oficios tradicionais e postos de artesanía, entre outros.

Así a parroquia de Furelos volverá ser o epicentro galego das festas de época dende o venres 19 de setembro e ata o domingo 21. O horario dos postos e as actividades será de 18:00 a 22:30 o venres e de 11:30 a 22:30 horas o sábado e domingo.
Publicidade
Ademais, un dos clásicos deste Mercado de Época volverá un ano máis, o tren turístico unirá a vila de Melide coa aldea de Furelos durante toda a fin de semana, terá paradas diante da Capela de San Roque e en Furelos, cun horario o sábado e domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Publicidade
Dende o Concello de Melide convídase a toda a veciñanza e visitantes a acudir e desfrutar
desta nova edición dun evento que non deixa de medrar e consolidarse como unha gran
homenaxe ao pasado, unha recreación histórica, festa e diversión.








Comentarios