top of page

A parroquia melidense de Furelos viaxa no tempo e revive o ano 1900

20 sept
2 min de lectura

Clausura hoxe o seu IX Mercado de Época que inclúe unha programación variada e o servizo de transporte en tren turístico


Laura Moure/Melide

A parroquia de Furelos atópase mergullada no ano 1900 coa celebración do IX Mercado de Época, organizado polo Concello de Melide, que transforma durante esta fin de semana a imaxe habitual da parroquia. Os postos de artesanía e alimentación, as exposicións, os obradoiros de oficios e os figurantes recrean a vida de comezos do século XX, nunha cita que reúne a veciñanza e visitantes e que continuará ata hoxe, domingo.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e os edís Xosé Igrexas, responsable da área de Comercio, e Carmen Liñeira, responsable de Política Social, compartiron a xornada de onte coa veciñanza e visitantes, percorrendo o mercado e acompañándoos nas diferentes

actividades programadas. Dende o Concello de Melide convidan á veciñanza e visitantes

a achegarse a Furelos para percorrer o mercado e gozar das actividades que aínda

quedan por diante nesta novena edición, aproveitando tamén o tren turístico que facilita o

desprazamento dende o centro da vila.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Música, teatro e espectáculos durante toda a fin de semana

Durante toda a fin de semana hai tamén animación musical, pasarrúas e teatro de rúa, coa

presenza de personaxes como a Muller Barbuda, unha pitonisa, unha criada de época e

unha carteira de época, ademais dun espectáculo de circo e un baile de Charlestón. Ao

remate de cada xornada terá lugar un espectáculo aéreo e outro de lume.


Un ano máis, o mercado conta co habitual tren turístico, que une o centro da vila de Melide con Furelos, con paradas diante da Capela de San Roque e na propia parroquia. O

servizo está dispoñible de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS REPORTAXE AUDIOVISUAL

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page