A parroquia lalinense de Camposancos organiza unha programación variada durante o Nadal
- Laura Moure

- 14 nov 2024
- 2 Min. de lectura
Inclúe un concurso de decoración de vivendas, un mercadillo solidario, baile, títeres, xogos ou unha recollida de xoguetes
Laura Moure/Lalín
A parroquia lalinense de Camposancos prepara unha programación de Nadal moi variada que leva por título Non hai Nadal sen Camposancos. En concreto, está organizada pola Asociación Veciñal San Cristovo de Camposancos. As actividades terán lugar o 14, 15 e 22 de decembro e consisten en un concurso de decoración das vivendas, xogos, un mercadillo, títeres, baile...
Así arrancará o 14 de decembro, sábado, co pistoletazo de saída ás 18 horas para levar a cabo a decoración das vivendas que queiran participar no concurso Decorando o Nadal no Rural.

O domingo 15, de de 16 a 21 horas, poderase desfrutar de xogos e actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. E a xornada completarase cun mercadillo rural de 16 a 21 horas, con artesanía galega, roupa e xoguetes de segunda man que incluirá un espazo solidario para a Asociación Aranes, así como haberá unha recollida solidaria de xoguetes. Será todo no local social desta parroquia.
E por último, o domingo 22, de 17 a 21, entregaranse os premios de Decorando o Nadal no Rural; haberá títeres da man de Fantoches Baj que representará O Apalpador e seguirá a cita con demostración de baile.
Cabe mencionar que os tres días haberá servizo de bar e chocolate caliente gratis.
Publicidade
"Basicamente intentamos mesturar un pouco actividades dirixidas ós cativos, fomentar a solidariedade (a través da recollida de xoguetes que levamos anos facendo no Nadal para os máis desfavorecidos; e tamén deixando oco para asociacións como Aranes no mercadiño), deporte e a cultura a través dos títeres", sinala a veciña Alba Forno. "En canto ó concurso de decoración de Nadal, o xurado está composto por algún membro do Faro de Vigo, por Noelia Cortizo e por Laura Moure".







Comentarios