top of page

A parroquia cruceña de Merza recolle sinaturas para garantir a continuidade do consultorio médico

Laura Moure/Vila de Cruces

A Asociación de Veciños Deza de Merza, en Vila de Cruces, iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a continuidade do consultorio médico da parroquia ante a próxima xubilación do facultativo que actualmente presta servizo.

Desde a entidade veciñal destacan a importancia deste consultorio, que leva aproximadamente catro décadas prestando atención sanitaria na parroquia e que consideran un servizo esencial, especialmente para as persoas maiores, aquelas con mobilidade reducida e para quen non dispón de medios de transporte propios.


Segundo explican, a proximidade do consultorio permite garantir unha atención sanitaria básica, continua e de calidade, evitando desprazamentos innecesarios e facilitando o seguimento médico habitual da veciñanza.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A asociación considera que a continuidade deste servizo resulta especialmente importante tanto para as persoas que teñen dificultades para desprazarse como para o propio funcionamento do centro de saúde de Vila de Cruces. Neste sentido, advirten de que a concentración dos usuarios nun mesmo centro sanitario podería incrementar a carga asistencial e provocar situacións de maior saturación.


Desde a Asociación de Veciños Deza de Merza salientan ademais que manter este servizo non suporía un incremento do gasto público, xa que, segundo indican, o facultativo que substitúa ao actual profesional seguiría o patrón existente.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Reclaman manter a atención sanitaria no rural

A entidade veciñal alerta de que a supresión ou redución do servizo suporía un prexuízo significativo non só para a poboación de Merza, senón tamén para outras parroquias limítrofes, ao afectar directamente aos servizos dispoñibles no rural, ao benestar da veciñanza e á igualdade no acceso á atención sanitaria.


Por este motivo, solicitan que se adopten as medidas necesarias para garantir a continuidade e estabilidade do consultorio médico de Merza, asegurando unha atención sanitaria próxima e digna para a poboación rural.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A asociación fai tamén un chamamento á colaboración veciñal na recollida de sinaturas, tanto entre as persoas usuarias do consultorio como entre aquelas que non o utilizan habitualmente, ao considerar que a perda de servizos comunitarios básicos acaba afectando ao conxunto da sociedade.


O obxectivo é trasladar esta demanda e defender a permanencia dun servizo sanitario que a veciñanza considera fundamental para Merza e para o seu contorno.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page