top of page

A Orquesta Mondragón, con Javier Gurruchaga, e Fórmula V, con Paco Pastor, estarán en Lalín o día 2

O festival, gratuíto para o público, conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e do Xacobeo, así como coa colaboración activa do Concello


Laura Moure/Lalín

O domingo 2 de agosto, na Praza da Igrexa de Lalín, os veciños e visitantes poderán gozar de novo coa terceira edición de O Gran Guateque, un evento musical en directo que recupera os éxitos dos anos 70 e 80 interpretados polos grupos máis destacados da época.

O concerto dará comezo ás 21:30 horas e, nesta edición, contará coas actuacións de La Orquesta Mondragón, co seu líder Javier Gurruchaga á fronte, e co eterno Paco Pastor, líder de Fórmula V, que o pasado ano non puido actuar por motivos de saúde, pero que está desexando reencontrarse co público de Lalín, a onde vén a “dalo todo”.


Entre ambos artistas suman millóns de discos vendidos e innumerables números un nas listas especializadas. Trátase dun evento musical único, pola calidade e o prestixio dos artistas, que se converte desde o primeiro minuto nun auténtico concerto?karaoke, porque o público, que coñece todas as súas cancións, acompaña os artistas cantando e bailando cada un dos temas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O Xacobeo quere que toda Galicia participe nos “Concertos do Xacobeo” e, para iso, leva a música a todos os recunchos do país. Entre as cancións máis populares da Orquesta Mondragón destacan éxitos como “Viaje con nosotros”, “Ellos las prefieren gordas”, “Soy yo tu lobo” ou “Caperucita feroz”.


Pola súa banda, Fórmula V deleitaranos con temas que xa son himnos como “Cuéntame”, “Ahora sé que me quieres”, “Eva María” ou “La fiesta de Blas”, por citar só algúns exemplos. O pasado ano máis de 2.000 persoas asistiron ao concerto en Lalín e este ano espérase superar esa cifra polo interese que esperta o cartel.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

O festival, gratuito para o público, conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 27, e coa colaboración activa do Concello de Lalín.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page