A Oficina Móbil Retorno volta a Silleda o vindeiro luns para asesorar á cidadanía emigrante
- Laura Moure

- 11 abr
- 1 min de lectura
Laura Moure/Silleda
A Praza Juan Salgueiro de Silleda acollerá o vindeiro luns, 13 de abril, a visita da Oficina Móbil Retorno, unha iniciativa posta en marcha coa finalidade de achegar información e asesoramento ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias.

O servizo estará dispoñible en horario de 9:00 a 14:00 horas, ofrecendo atención presencial para resolver dúbidas, orientar sobre recursos dispoñibles e dar resposta ás necesidades derivadas do proceso de retorno.
PUBLICIDADE

A Oficina Móbil Retorno constitúe un punto de apoio clave para facilitar a integración das persoas que regresan, proporcionando acompañamento en ámbitos como o acceso a servizos públicos, emprego, vivenda e trámites administrativos.
Publicidade
Esta iniciativa forma parte das accións impulsadas pola Xunta de Galicia para reforzar o apoio á diáspora galega, promovendo o seu regreso e garantindo unha acollida adecuada no territorio. As persoas interesadas tamén poden obter máis información a través do teléfono 900 102 380 ou na páxina web oficial de emigración da Xunta de Galicia.







Comentarios