Estas están dirixidas á mellora da accesibilidade nas vivendas
Laura Moure/Silleda
A Oficina Municipal de Vivenda do Concello de Silleda informa dunha nova convocatoria de axudas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, correspondente ao Programa de Mellora da Accesibilidade nas Vivendas. Con esta convocatoria subvencionarase a instalación de ascensores, salvaescaleiras, rampas ou demais dispositivos de accesibilidade. Tamén se financiarán a dotación de produtos de apoio e adaptación de cuartos de baño.
As axudas as que pode optar serán dun 60 % do orzamento das obras a executar, e cun máximo entre 12.500 euros por vivenda. No caso de persoas con discapacidade igual o superior ao 33 % ou con mais de 65 anos as axudas elevaranse ata o 80% do orzamento e un máximo de e 18.000 euros.
Poderán acollerse a estas axudas as e os propietarios de edificios rematados antes do 2006 e sempre que sexan domicilio habitual e permanente dos solicitantes, que deberán presentar a súa proposta entre o 05 de xuño e o 15 de xullo
Por elo, dende Oficina Municipal de Vivenda do Concello de Silleda, estase xa contactando con todas as persoas que solicitaron información sobre este tipo de obras, para que poidan presentarse en tempo e forma a esta nova liña do Plan estatal.
Recordan ademais que as persoas ás que lle foi denegada por esgotamento de crédito a solicitude presentada na convocatoria 2022 e que non teñan rematadas as obras antes do 3 de xuño, poderán presentar agora unha nova solicitude sen ter que adxuntar de novo a documentación complementaria xa presentada coa solicitude anterior.
Dende o Departamento de Urbanismo convídase tamén ao resto das e dos cidadáns que queiran optar as mesmas, e que ata o momento non contactaran coa Oficina Municipal de Vivenda, que o fagan a través do 986 180 233, para conseguir mais información.
Comments