top of page

A Oficina de Vivenda de Silleda informa de novas axudas para incorporar vivendas ao mercado de alugueiro accesible

Laura Moure/Silleda

A Oficina de Vivenda do Concello de Silleda informa da apertura do prazo para solicitar as axudas da Xunta de Galicia dirixidas a persoas e entidades propietarias de vivendas co obxectivo de incorporalas ao mercado de alugueiro a prezos accesibles. O prazo estará aberto desde onte, día 18 de xullo, ata o 30 de outubro de 2025 ás 14:00 horas.

Estas axudas, convocadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), buscan incentivar o alugueiro de vivendas baleiras mediante tres liñas de apoio:

  • Axuda para seguros de impago de rendas e/ou seguro multirrisco do fogar.

  • Axuda para obras de reparación e adecuación da vivenda.

  • Axuda adicional vinculada para quen destine a vivenda a persoas menores de 36 anos, familias con menores ou unidades de convivencia con persoas dependentes con discapacidade recoñecida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Poderán acollerse a estas axudas tanto persoas físicas como xurídicas, incluídas aquelas empresas que teñan entre os seus fins a promoción de vivendas. As vivendas deberán estar situadas en Galicia, non estar acollidas a réxime de protección pública e non ter estado arrendadas nos tres meses anteriores á solicitude (salvo casos xustificados polos servizos sociais). Os contratos de alugueiro deberán destinarse a vivenda habitual e permanente, estar regulados pola Lei de Arrendamentos Urbanos e respectar os límites de renda establecidos para cada concello.


A Oficina de Vivenda do Concello de Silleda ofrece apoio e información a todas aquelas persoas interesadas en acollerse a este programa. Trátase dunha oportunidade para poñer en valor vivendas actualmente desocupadas, garantir ingresos seguros ás persoas propietarias e facilitar o acceso á vivenda a colectivos con maiores dificultades.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Vivenda do Concello de Silleda no seu horario habitual ou contactar cos servizos municipais a través dos canais dispoñibles.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page