top of page

A Oficina de Información Turística do Concello de Sobrado recibe tres recoñecementos pola súa xestión

A entrega tivo lugar no acto da Reserva da Biosfera en Biocultura


Laura Moure/Sobrado

O vicepresidente, Xosé Regueira, participou este venres no acto da Reserva da Biosfera en Biocultura, onde se entregaron os diplomas ás oficinas de información turística, museos, centros de interpretación e novas empresas certificadas na Marca de Calidade da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas do 2025. Regueira puxo en valor o traballo da Reserva "un destino que atesoura moi boas prácticas e que evolucionouexponencialmente nos últimos anos".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Entre todas as administracións estamos facendo unha gran labor polo turismo de Galicia, e a Reserva é o mellor exemplo", sinalou. "Este destino deu un paso máis, e hoxe está certificando empresas de turismo sustentable. Algo que é fundamental xa que sen empresas e negocios o turismo non ten sentido" engadiu Regueira.


O vicepresidente tamén recoñeceu que "é un orgullo ver ao persoal técnico das oficinas de turismo que subvencionamos dende a Deputación recollendo estes diplomas" e destacou o seu traballo, "altamente profesional e calificado, que nos fai máis competitivos nun mercado tan complicado como é o do turismo". Regueira concluíu afirmando que é "unha honra" apoiar a entidades como a Reserva, "que o fan tan ben" e aseguran "a boa saúde da provincia e do país" e apuntou, ademais, que a Reserva "é un exemplo para todos os entes de xestión".


Publicidade    

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Un total de 11 centros de información turística e 4 empresas dos 17 concellos, entre eles Sobrado, da Reserva recibiron os distintivos por parte do vicepresidente, Xosé Regueira; o presidente da Reserva, José Antonio Santiso Miramontes, o vicepresidente Alberto Platas e a directora de Promoción da Axencia de turismo de Galicia, Carme Pita. Son así 78 empresas turísticas as que forman parte da marca de Mariñas Coruñesas


O vicepresidente finalizaba, deste xeito, a primeira xornada de Biocultura, que continúa con diferentes actividades no stand de turismo da Deputación: degustacións de Cafés Lúa, Xearte Brigitte, Orballo Infusións e Lenatt Food, showcookings con André Arzúa (Espazo Abella) e A Despensa d'Lujo, e relatorios para reflexionar e promover boas prácticas en canto a nutrición, saúde e natureza.

A Oficina de Información Turística do Concello de Sobrado recibiu o certificado con:

Acudiron ao acto o  alcalde, Lisardo Santos, e o técnico de Turismo, Víctor Cabanas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page