top of page

A ocupación nos albergues da rede pública do Xacobeo medra o 3,2 % e supera xa as 261.000 noites

O Camiño Francés mantense como a ruta máis demandada, mentres que A Coruña é a provincia que rexistra o maior número de noites


Laura Moure/Xeral

A falta de coñecer os datos do mes de decembro e xa superadas as 500.000 compostelas entregadas, os albergues da Xunta da Rede Pública do Xacobeo suman un total de 261.073 noites que se distribúen nos once primeiros meses de 2025, 8.244 noites máis que no mesmo período de 2024, o que se traduce nun incremento do 3,2%.

ree

Por meses, agosto foi o de maior afluencia con 38.799 noites rexistradas, seguido de xullo, con 35.190; setembro, con 32.662; maio, con 32.594 e xuño con 31.907 noites. Deste xeito, no período maio-setembro superase a media de 30.000 noites en cada un deste meses.


Precisamente, o número de noites alcanzado particularmente nos meses de maio e setembro confirman o avance nos esforzos de desestacionalización da Xunta de Galicia, algo no que abundan tamén os bos datos que firman os meses de abril, con 28.515 noites -malia que aquí habería que incluír o efecto da Semana Santa- e outubro, no que se fixeron 27.492 noites en albergues públicos da Xunta.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por rutas, o Camiño Francés confírmase como a ruta máis demandada, con 107.274 noites rexistradas entre os meses de xaneiro e novembro, 288 noites máis que no período de 2024. Seguen os albergues do Camiño Portugués, nos que se fixeron 57.281 noites, experimentando o maior crecemento en termos absolutos con respecto ao mesmo período do ano anterior con 4.129 noites máis; os do Inglés, con 20.270 noites, o segundo de maior incremento con 3.163 noites máis; o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, con 18.588; e o Camiño Primitivo, no que se fixeron 17.847 noites.


O mes de maior afluencia no Camiño Francés foi xullo; no Portugués, Inglés e Primitivo foi agosto, mentres que na Vía da Prata correspondeuse con maio.


Por provincias, A Coruña é a que rexistra o maior número de noites, no que incide o feito de que é a provincia na que conflúen as rutas xacobeas, coa meta en Santiago de Compostela. Rexistráronse un total 100.904 noites en albergues situados na provincia da Coruña. En Lugo contabilizáronse 87.084 noites, mentres que en Pontevedra foron 59.348 e en Ourense 13.727.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Sensores no Camiño

Ademais das compostelas entregadas que dan conta do interese que esperta o Camiño de Santiago, Turismo de Galicia está a monitorizar a ruta xacobea con ferramentas para coñecer mellor os fluxos turísticos a través de big data de maneira que contribúan á toma de decisións no Camiño.


Así, con datos actualizados a outubro de 2025, e referidos aos Camiños Francés, o Camiño do Norte e o Camiño Primitivo as medicións permiten estimar que por cada Compostela emitida en promedio circulan por estas rutas do Camiño de Santiago 1,7 peregrinos. 




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page