top of page

A obra para mellorar a mobilidade e seguridade no entorno da zona deportiva-escolar de Silleda, en licitación ata o 6 de maio

O proxecto ten un investimento previsto de 893.189,62 euros


Laura Moure/Silleda

A obra de mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana na avenida Recinto Feiral e a rúa Arturo Pérez Lázara de Silleda, está xa en fase de licitación, despois do acordo plenario do pasado día 5. O prazo para presentar ofertas é de 26 días naturais, rematando o vindeiro 6 de maio O proxecto ten un investimento previsto de 893.189,62 euros e con el búscase mellorar a mobilidade peonil e reforzar a seguridade no entorno da zona deportivo-escolar da capital municipal, cunha gran afluenza de persoas a diario.


Publicidade

O proxecto supón a rexeneración urbana do tramo da avenida Recinto Feiral, á beira do que se sitúan o CEIP Plurilíngüe de Silleda e o pavillón municipal “César G. Fares”, así como na rúa Artúro Pérez Lázara, onde se ubica o estadio municipal de fútbol de Outeiriño-Joseu Mato, e tamén o acceso á Escola de Música Municipal. Ademais da renovación do pavimento e beirarrúas, seguindo a filosofía de mobilidade aplicada na rúa Progreso, tamén se renovará todo o alumeado e mobiliario público, incluíndo ademais a renovación de toda a barandilla no tramo lindeiro co parking do recinto feiral Semana Verde.


Publicidade

O prego de condicións establece como melloras, ademais da reducción do prazo de execución (para non interferir no funcionamento do centro escolar da zona) a retirada do peche vexetal que arrodea as piscinas municipais, colocando un novo cerramento que debe incluir a plantación de árbores. “Con esta actuación, para a que asinamos un convenio ca Deputación o pasado mes de decembro, continuamos humanizando a nosa vila, cun entorno moito máis amable e que mellorará non só dende o punto de vista estético senón tamén a mobilidade e seguridade nesta zona que visitan a diario centos de

persoas”, engade a alcaldesa e responsable municipal de Urbanismo, Paula Fernández Pena.




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page