top of page

A neurocirurxiá de Agolada M.ª Dolores Varela, entre as 50 mellores doutoras de España por segundo ano

hace 7 horas
1 min de lectura

Laura Moure/Agolada

A neurocirurxiá M.ª Dolores Varela, natural de Agolada, foi distinguida por segundo ano consecutivo como unha das 50 mellores doutoras de España, un recoñecemento concedido pola revista Vanitatis, pertencente a El Confidencial.

A doutora, que desenvolve a súa actividade profesional no Instituto Clavel de Barcelona, recibe así unha nova distinción que pon en valor a súa traxectoria no ámbito da neurocirurxía, a súa dedicación aos pacientes e o seu compromiso cunha medicina en constante evolución.

 PUBLICIDADE

Este recoñecemento destaca o labor de profesionais que sobresaen pola súa experiencia, vocación e contribución ao ámbito sanitario.


Desde o Instituto Clavel trasladaron a súa satisfacción por este novo logro e felicitaron publicamente á doutora Varela, á que cualifican como un exemplo de profesionalidade, vocación e excelencia médica.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Unha distinción que tamén supón un motivo de orgullo para Agolada, que ve recoñecida a traxectoria dunha profesional da súa terra no ámbito da medicina a nivel estatal. Cabe mencionar que Varela é filla do exalcalde agoladés, Ramiro Varela, e neta do exmandatario tamén de Agolada, Manuel Costa Casares.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page