Perruquería Marisa.gif

A nadadora arzuá Carla Carrón gaña dous ouros no Campionato de España absoluto de inverno

Disputouse a pasada fin de semana en Palma de Mallorca


Ecos da Comarca/Arzúa

A nadadora de 16 anos Carla Carrón, do Club Natación Arzúa, participou a pasada fin de semana no LXV Campeonato de España absoluto de inverno en Palma de Mallorca e logrou dous ouros en 400 (cunha marca de 4:07.55) e 800 libre (8:25.34).

Carla Carrón. Fonte: Club Natación Arzúa.

Carrón está becada no Centro Gallego de Tecnificación Deportiva. "Esta rapaza non deixa de sorprendernos. Outra vez campiona absoluta de España en 800 libre. Parou o reloxo nuns incríbles 8:25.34 e remata así o seu paso polo Campionato de España Absoluto de Inverno en piscina 25 metros. Non podemos estar máis orgullosos!", indica o Club Natación Arzúa a través das súas redes sociais.




199 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif