A N-547 rexistra un novo accidente entre un coche e unha furgoneta en Arzúa
Ecos da Comarca/Arzúa
Este sábado rexistrouse un novo accidente de tráfico na N-547. Neste caso no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 18:29 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia o sinistro ocorreu á altura do quilómetro 57 na parroquia de Figueiroa.
PUBLICIDADE
Tratouse dunha colisión entre unha furgoneta e un coche e un dos vehículos quedou envorcado, pero os ocupantes sairon polo seu propio pé, pero dúas persosa tiveron que ser atendidas por Urxencias Sanitarias.









Comentarios