top of page

A música clásica e o jazz marcan o ritmo diario do Galicia Clarinet Fest que comeza mañá en Lalín

1 ago
3 min de lectura

O certame ofrecerá a estrea mundial da obra multidisplicinar Camiño ao infinito de

Xocas Meijide e un concerto de clausura con 150 músicos no escenario


Laura Moure/Lalín

Arranca este domingo  o Galicia Clarinet Fest que converte a Lalín na capital europea do clarinete cunha programación deseñada para sacar a música á rúa e achegala a veciñanza e visitantes con dezaoito citas musicais integramente de balde.

Foto de arquivo da edición pasada.
Foto de arquivo da edición pasada.

Destaca o Galicia Clarinet Fest por ser unha rara avis dentro da inmensa oferta festivaleira do verán. Por ser un grande encontro formativo especializado, que reúne ao redor de 150 estudantes de clarinete, a prestixiosos/as intérpretes a e a marcas de instrumentos procedentes de todo o mundo, e por ofrecer a oportunidade de gozar dun programa concertístico único, de primeiro nivel, con concertos de músicos que forman parte da  élite mundial do clarinete.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Lalín vivirá un ritmo diario constante de concertos en diferentes espazos urbanos:

  • Praza das Pipas: Todos os días ás 13:00 horas, a Praza das Pipas transformarase nun escenario ao aire libre para albergar os recitais de música de cámara e ensemble. E tamén os grandes concertos da Banda Municipal da Coruña (20.30, mércores), e o concerto de clausura coa Orquestra do Galicia Clarinet Fest (20.00 h. , sábado).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

  • Salón Teatro e Auditorio: Ás 19:00 e 20:30 horas terán lugar desde recitais de música de cámara ata os grandes concertos  sinfónicos coa participación dos/as grandes clarinetistas que acuden ao festival.

  • Estrea mundial de Xocas Meijide: O xoves 6 ás 19:00 h no Salón Teatro, o director artístico do festival estreará Camiño ao infinito, un innovador espectáculo multidisciplinar que combina clarinete, electroacústica, performance e vídeo-arte con obras de compositores como Steve Reich, David Lang ou Benxa Otero acompañados das creacións de vídeo-artistas como Misha Bies Golas, David Ferrando Giraut-Laboral ou Guillermo Aymerich, entre outros.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
  • Noites de Jazz na Praza das Pipas e o casino: A gran novidade desta edición serán os concertos nocturnos de jazz ás 20:30 h, de Mery Lafuente&The Syncopated Men (20.30 h., martes), Nani García Trío e Ricardo Formoso (20.30, xoves), Kid Carlos &Wolfang Puntas (23.45 h., venres) e Pablo Sanmamed Trío con Benxa Otero (23.45, sábado).


Identidade local e un broche de ouro con 150 músicos

As introducións de cada concerto correrán a cargo de dous referentes culturais de Lalín: o contador e poeta Celso Fernández Sanmartín e a veterana compañía Viravolta Títeres.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O grande evento final terá lugar o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas na Praza das Pipas co concerto de clausura a cargo da Orquestra do Galicia Clarinet Fest presentado por Gúmer Portas. Baixo a dirección de José Franch Ballester, máis de 150 músicos —entre alumnado de 12 países e o profesorado internacional— compartirán escenario antes da entrega de premios do IV Concurso Internacional.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un evento internacional de balde e aberto á cidadanía

Toda a programación de concertos, que inclúe desde música de cámara e grandes formacións ata jazz na rúa, é totalmente de balde e aberta ao público. O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo, do Concello de Lalín e da Deputación de Pontevedra.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page