top of page

A modificación puntual nº 2 do PXOM de Silleda, exposta ao público durante dous meses

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda informa de que a Modificación Puntual número 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) queda exposta ao público tras a publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta modificación foi aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o pasado30 de xaneiro e ábrese agora un prazo de dous meses para que a cidadanía poida consultar o

expediente.

O documento poderá examinarse a través da sede electrónica municipal e polos medios legalmente establecidos, garantindo así o acceso á información e a participación pública no procedemento.


A Modificación Puntual nº 2 introduce axustes técnicos concretos no planeamento vixente derivados da súa aplicación práctica e das necesidades detectadas en distintos núcleos do municipio. Trátase dunha actuación de alcance limitado que non altera o modelo territorial nin a estrutura xeral do PXOM, non modifica a clasificación do solo nin supón incrementos de edificabilidade ou aproveitamentos urbanísticos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As actuacións afectan a un total de nove ámbitos do municipio. En Ponte (Aldea de Abaixo– Sino), Rellas (A Lama) e Siador elimínanse aliñacións que non se axustaban á realidade existente. En Fiestras (As Ferreiras) e O Castro (O Agriño – O Tellado) incorpóranse novas aliñacións para mellorar a ordenación do viario. En Graba (Ervixe) axústase e regularízase unha aliñación existente. En Margaride (San Fiz) reorganízase unha zona verde que non estaba correctamente identificada na documentación.


No núcleo de Silleda actualízase a cartografía incorporando viarios existentes e eliminando outros que non se corresponden coa realidade, ademais de regularizar aliñacións na zona de Outeiro. En Refoxos procédese á eliminación e traslado de determinados elementos catalogados co fin de adaptalos á realidade territorial e garantir a súa protección.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

De maneira paralela ao período de información pública, solicitaranse os informes sectoriais ás administracións competentes conforme á normativa urbanística e ambiental vixente.


Desde o goberno municipal subliñan que esta modificación permite seguir perfeccionando o PXOM de forma gradual, atendendo á realidade do territorio e ás achegas da veciñanza, reforzando unha ordenación máis operativa e acorde coa realidade municipal sen necesidade de acometer unha revisión integral do planeamento.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page