top of page

A mobilidade sustentable gaña peso en Enerxétika 2026 que se celebrará en Silleda

23 mar
2 min de lectura

A cita será o 25 ao 27 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca


Laura Moure/Silleda

A feira de enerxía Enerxétika, a cal celebrará a súa quinta edición do 25 ao 27 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda co patrocinio oro de Red Eléctrica e prata de Serveo, ofrecerá aos seus visitantes a posibilidade de coñecer as particularidades e vantaxes da mobilidade sostible, un ámbito que medra considerablemente na feira en canto a propostas.


Así, a súa área expositiva contará con vehículos eléctricos e híbridos de última xeración de prestixiosas marcas, ademais de infraestruturas de carga. Mostraranse coches de Tesla, Audi, Mercedes, BMW, Nissan, Lexus, BYD, Toyota e Volkswagen, ademais de furgonetas desta última marca, autobuses eléctricos de Castrosua e motocicletas de Velca, podendo probarse boa parte deles nos espazos exteriores do recinto.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Neste sentido, o circuíto de probas da feira permitirá aos visitantes conducir algúns dos modelos de Tesla e Mercedes. Sumaranse da marca Nissan, da que os visitantes poderán probar o novo Micra EV (compacto 100% eléctrico), o Ariya EV (SUV 100% eléctrico) e o Qashqai e-power (SUV híbrido). Tamén BMW incluirá no circuíto de probas a súa X3 (híbrido enchufable), mentres que Volkswagen fará os mesmo coa súa furgoneta Caddy híbrida.


As motos estréanse no circuíto de probas

A firma Velca, que expón por primeira vez nunha feira galega, tamén poñerá as súas motos ao dispor dos visitantes, que terá a oportunidade de conducir modelos das súas motocicletas 100% eléctricas, como o Vortex ou a One, entre outros. Será así a primeira vez que o circuíto de mobilidade sostible conta coa posibilidade de probar motos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Ademais, a firma realizará unha presentación o xoves 26 de marzo, na que Emilio Froján, o seu CEO, achegará a súa visión de por onde vai o mercado da mobilidade eléctrica a nivel nacional e mundial.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page