top of page

A melidense Ánxeles Vázquez será a nova conselleira de Política Social e Igualdade

hace 2 horas
2 min de lectura

Nicolás Vázquez Iglesias encargarase de Medio Ambiente e Cambio Climático


Ecos da Comarca/Melide

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, vén de anunciar o nomeamento da nova conselleira de Política Social e Igualdade, a melidense Ángeles Vázquez Mejuto, e do novo conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias. Estes cambios no Goberno prodúcense tras o cese a petición propia de Fabiola García Martínez como titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Ángeles Vázquez (Melide, 1972) é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. foi alcaldesa de Melide entre os anos 2004 e 2007 e de novo entre 2011 e 2015. Ademais, foi concelleira nese mesmo municipio, deputada provincial na Coruña e membro do Congreso dos Deputados.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Incorporouse á Xunta en outubro de 2015 como conselleira do Medio Rural. En setembro de 2018 pasou a ser conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e, desde abril de 2024, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático.


Nicolás Vázquez (Lugo, 1974) é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Enxeñería Industrial pola UNED. No sector privado, traballou como consultor en sistemas de información. Entre 2001 e 2015 desempeñou diversas funcións no Instituto Enerxético de Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde 2015 é funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros industriais. Entre novembro dese ano e setembro de 2020 desempeñou a responsabilidade de vicesecretario xeral na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En setembro de 2020 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, cargo que ocupou ata que en xuño de 2023 foi nomeado secretario xeral de Industria na Consellería de Economía e Industria e en maio de 2024 asumiu tamén competencias en Desenvolvemento Enerxético.


As tomas de posesión celebraranse mañá, martes 27 de outubro, ás 9:00 horas no Pazo de Raxoi.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page