A melidense Aurora Fernández, presidenta de Alecrín, recibe un recoñecemento en Narón
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Concedéronlle esta distinción polo seu labor a favor da igualdade e polo seu traballo altruísta e constante a favor das mulleres
Laura Moure/Melide
A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Alecrín de Melide, María Aurora Fernández Blanco, recibíu este domingo un recoñecemento en Narón polo seu labor a favor da igualdade.

En concreto, a presidenta desta entidade, que conta con máis de 900 socias, recibiu onte un premio outorgado pola asociación Mulleres Avanzando en Igualdade de Narón, en recoñecemento ao seu traballo altruísta e constante a favor das mulleres.
Publicidade
Este galardón destaca o seu compromiso coa igualdade, así como o seu papel como gran dinamizadora social en Melide, impulsando numerosas iniciativas sociais, culturais e formativas dirixidas especialmente ás mulleres do rural.
Desde a organización resaltaron tamén o seu carácter traballador e incansable, así como a súa defensa do papel das mulleres na sociedade e no desenvolvemento do rural.
PUBLICIDADE
A presidenta de Alecrín "é ademais unha firme defensora do rural e do pobo de Melide, lugar do que sempre fala con orgullo e que promove alá onde vai". A Asociación Alecrín é hoxe unha das entidades máis activas da comarca, converténdose nun referente na promoción da igualdade, a participación social e o apoio ás mulleres do rural.








Comentarios