top of page

A maquinaria da Mancomunidade remata o primeiro turno de traballos en Silleda

Faino tras dous meses e medio de actuacións en 10 parroquias


Laura Moure/Silleda

As máquinas da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Deza veñen de finalizar o primeiro turno anual que lle corresponden ao Concello de Silleda, e que se prolongou durante dous meses e medio actuándose en dez parroquias do municipio: Negreiros, Breixa, Manduas, Cervaña, Lamela, Piñeiro, Martixe, Pazos, Graba e Silleda (Mourelos).

As tarefas centráronse fundamentalmente na mellora de viarios de acceso a explotacións agrícolas e gandeiras, coa reparación integral de camiños moi transitados como os do Monte do Faran entre Manduas e Breixa, os que conectan Negreiros con Breixa, o vial de A Brea a A Peroxa en Lamela, o Requeixo en Cervaña, o vial que une Martixe con Pazos, así como accesos a vivendas e fincas en Mourelos, Medelo, Piñeiro e Vilar de Graba.


Xunto a isto acometeuse tamén unha ampliación de viarios en Parada, solventando con elo ademais un problema moi importante de acumulacións de agua de choiva no inverno. Tamén se actuou no entorno de acceso ao Auditorio da Semana Verde, ampliando o espacio de acceso rodado ao mesmo, co obxectivo de mellorar as condicións de carga e descarga dos grandes espectáculos que se celebran no recinto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Todas estes viarios foron reparardos tras unha apertura e perfilado previo de cunetas e unha nivelacion e preparación de toda su superfice. Acabáronse todos eles con zahorra compactada, mellorando así a circulación rodada e facilitando as tarefas vinculadas ao sector primario.


En Silleda, Laro e Taboada preparáronse tamén outras pistas asfaltadas, nas que se fixo unha apertura e perfilado das cunetas, con actuacións de especial relevancia entre A Calvela e Freixeiro, na parroquia de Laro, e no lugar da Ponte, en Taboada, onde se rexistraban continuas escorrentías de auga. Tamén se prepararon as cunetas no viario de acceso ao Lugar de Mourelos na parroquia de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A alcaldesa de Silleda e concelleira de Obras, Paula Fernández Pena, quixo agradecer “o bo facer dos operarios comarcais, que realizaron un labor moi importante tanto pola súa extensión como pola calidade de execución” e anuncia que na segunda quenda, que se desenvolverá entre o 17 de outubro e o 19 de decembro, “continuarase coa folla de ruta establecida para dar resposta ás necesidades trasladadas nas reunións parroquiais”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page