top of page

A Mancomunidade de Concellos da Mariña fixo entrega de 1.129 euros á Fundación Eira da Xoana

A entidade beneficiaria poderá levar a cabo un proxecto de recuperación ambiental nunha parte da fraga de Santo Estevo do Ermo mediante a repoboación de especies autóctonas


Laura Moure/Agolada

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este xoves na Ermida de Santo Estevo do Ermo de Barreiros no acto solidario no que a Mancomunidade de Concellos da Mariña fixo entrega de 1.129 euros á Fundación Eira da Xoana, de Ramil (Agolada). Con esta doazón, que corresponde aos ingresos recadados co programa A Mariña. Plans con corazón 2025, a entidade beneficiaria poderá levar a cabo un proxecto de recuperación ambiental nunha parte da fraga de Santo Estevo do Ermo mediante a repoboación de especies autóctonas. Ademais, nestes terreos tamén existen restos arqueolóxicos en estudo. 

ree

A institución provincial apoiou este programa no que se incluíron 16 rutas e visitas guiadas deseñadas para dar a coñecer os recursos naturais, patrimoniais e culturais do xeodestino. Nese sentido, Carlos López destacou que “desde a Deputación decidimos colaborar con esta iniciativa porque encaixa á perfección co noso modelo de turismo. Un turismo de calidade, sostible e non masificado que respecte a contorna e que ademais, xere riqueza e novas oportunidades de emprego, sobre todo no rural”. 


“Gustaríame poñer en valor, non só este proxecto, senón o traballo que realiza durante todo o ano a Mancomunidade promovendo numerosas propostas coma esta que permiten desestacionalizar o turismo, organizando propostas fóra da época estival; que poñen en valor o noso patrimonio e que contribúen a dinamizar a economía local”. 


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A este acto tamén asistiu a Presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López García, a Alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida Igrexas e representantes da Asociación Mariña Patrimonio e da Irmandade de Santo Estevo, entre outras autoridades. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page