top of page

A Lotería de Nadal non deixa premios nas administracións das comarcas, pero si ilusión

Laura Moure/Xeral

A Lotería de Nadal volveu repartirse este luns, 22 de decembro, cunha xornada marcada pola ilusión e a tradición, aínda que nesta ocasión a sorte non quixo facer parada nas administracións de lotarías das comarca de Arzúa, Deza, Terra de Melide e Ulloa. Ningún dos grandes premios do sorteo extraordinario deixou consignacións na zona, malia que foron moitas as persoas que seguiron con atención o desenvolvemento do sorteo e comprobaron os seus décimos ao longo da mañá. Sen embargo, sobre as 4 da tarde informaronos a esta redacción que case toca o Gordo en Santiso!

ree

A pesar da ausencia de premios destacados, o ambiente previo ao sorteo e a participación cidadá volveron evidenciar o arraigamento desta cita anual, que cada 22 de decembro congrega a miles de xogadores e xogadoras coa esperanza de compartir unha alegría colectiva. E ademais, hai que indicar que isto non implica que a sorte non sorrise a algunha persoa das comarcas, xa que é posible que houbese décimos premiados en mans de veciños e veciñas que adquiriron a súa participación noutros puntos do país. Así que moitos parabéns! E sii, no Mesón Visantoña, desta parroquia de Santiso, venderon o número 79431!! sendo o Gordo o mesmo pero acabao en 2. Pero si que repartiu 2.100 euros por cada décimo vendido!

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Deste xeito, as administracións locais pechan así unha campaña sen premios maiores, pero xa coa vista posta nos próximos sorteos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

E hai que dicir que máis alá dos números, o sorteo volveu lembrar que estas datas son tempo de encontros, desexos e bos propósitos. Para moitas persoas, o verdadeiro premio segue a ser gozar de paz, saúde e amor xunto aos seus, valores que cobran especial importancia á porta do Nadal e do novo ano.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page