top of page

A lalinense Rocío García Eiras, subcampioa galega máster en lanzamento de peso

O equipo feminino Sub 10 acada un meritorio sexto posto no Campionato Galego de Clubes


Laura Moure/Deza

O Club Escola Atletismo Deza conseguiu clasificarse para o Campionato Galego de Clubes das categorías Sub 10, Sub 12 e Sub 14. As probas tiveron lugar este sábado no Barco de Valdeorras e participaron os equipos masculino e feminino da categoría Sub 10.


O equipo feminino acadou un meritorio 6º posto, que é o mellor resultado da historia do club nesta categoría. Pola contra, o equipo masculino quedou fóra por non levar a cabo unha das probas, pero acadou un hipotético séptimo posto.


"Estes resultados son a mostra do bo traballo que se está facendo desde o club e o esforzo que están facendo os atletas por mellorar e conseguir boas marcas. Volver a este tipo de probas por equipos e chegar a competicións nas que están clubs de renome é unha gran vitoria para este club que está en crecemento", recalca o clube dezá.


Por outra banda, subliña que este domingo estreouse "como atleta do noso Club a deportista lalinense Rocío García Eiras, que participou, por primeira vez, no Campionato Galego Máster de lanzamento de peso en Lugo. No seu debut quedou subcampioa acadando unha marca de 8,78 metros".

Rocío Eiras.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page