top of page
Perruquería Marisa.gif

A lalinense Rocío García Eiras nomeada nova vogal da Federación Galega de Rugby

Laura Moure/Lalín

José Ignacio Cociña, presidente da Federación Galega de Rugby, acaba de informar do nomeamento como nova vogal da Xunta Directiva da lalinense Rocío García Eiras.


Eiras, a maiores de ser capitá do XV do Toxo, estivo presente en tres mundiais e vestiu máis de 60 veces a camiseta das Leoas.


Tras coñecer a nova ECOS DA COMARCA púxose en contacto con Eiras. "Sen dúbida foi unha chamada inesperada, despois duns anos retirada dos campos, pero dende o primeiro momento sabía que tiña que subirme ao tren e seguir loitando pola miña gran paixón que é o deporte do oval. Unha forma de aportar o meu gran de area a un deporte que tanto me aportou", confesa a lalinense. "Toca adaptarse aos novos tempos e ganas e ilusión non faltan", engade.



Rocío García Eiras. Fonte: Federación Galega de Rugby

141 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page