A IV Ruta Cabalar de Artoño celebrarase o 12 de xullo
- Laura Moure

- 16 jun 2025
- 1 Min. de lectura
O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará o día 8 dese mes
Laura Moure/Agolada
Os Cabaleiros de Artoño, liderados polos irmáns Iván e Juan Carlos García, celebrarán a súa IV Ruta Cabalar o sábado 12 de xullo. Onte presentaron o cartel no Concello de Agolada xunto co alcalde deste municipio, Luis Calvo, e coa concelleira Margarita Varela. O prazo de inscrición xa está aberto ata o 8 de xullo.

O campo da festa de Artoño será o punto de saída da ruta e a chegada dos participantes está estipulada para as 15:00 horas para arrancar ás 16:30 horas, polo que a organización pide puntualidade. Cabe mencionar que é unha ruta apta para carros.
Publicidade
Ademais haberá cea, á que pode asistir quen o desexe xa que non é só para os participantes na ruta, moita música e tamén sorteos durante a verbena.
Toda a información no cartel:








Comentarios