top of page

A intelixencia artificial e a tecnoloxía de visualización destacaron onte na XGN Intermax 2026

11 oct
3 min de lectura

A cita celébrase ata hoxe en Silleda


Laura Moure/Silleda

A maior lanparty galega, a XGN Intermax, continúa celebrando ata hoxe a súa World Champions Edition. Unha cita que se clausurará a primeira hora da tarde deste domingo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. Onte as propostas multiplícanse tanto para inscritos na Intranet como para visitantes á Extranet, con máis obradoiros, competicións e áreas de lecer centradas en novas tecnoloxías.

Entre elas, destacaron varios obradoiros de acceso libre centrados en intelixencia artificial

autoxestionada, dirixidos por Xabier Iglesias, director de seguridade da información

(CISO), quen destaca que as tres sesións programadas pretenden capacitar aos usuarios para manter a súa autonomía nunha situación actual de soberanía dixital aplicada á IA,

que depende de plataformas tecnolóxicas nas que o produto non é do usuario, nin o

xestiona nin sabe que fan co contido das súas interaccións.


Así, o primeiro dos celebrados foi o titulado “A túa propia IA, no teu portátil”, consistente

en instalar un modelo de linguaxe e software de uso libre no propio equipo dos participantes e conectalo cos seus documentos para que responda sobre eles, conseguindo unha IA propia sen cota mensual, sen límite de consultas e sen conexión a

internet. O segundo, denominado “Monta o teu asistente de voz”, amosou como construír unha cadea completa dun asistente que te escoita, razoa, actúa sobre a túa axenda ou

dispositivos e pode reservar nun restaurante ou no salón de peiteado, todo iso

respondendo en voz alta e dentro dun equipo sen que ningún audio saia del.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa para rematar pola tarde tivo lugar o taller “Automatiza o traballo repetitivo”, pensado sobre todo para pemes. Nel os participantes aprenderán a construír as automatizacións

para determinadas tarefas, con IA incorporada e sen escribir unha liña de código. Neste

caso simularase unha panadería, na que se parte dunha base de coñecemento cos

prezos, tipos de produtos, alérxenos, etc, e conséguense automatizacións que contestan

correos, dirixen as consultas a cada departamento, pasan facturas á folla de cálculo ou

responden o mesmo unha e outra vez.


Outro dos protagonistas de onte na Extranet da XGN Intermax 2026 fo a zona FPV,

tecnoloxía de visualización onde o operador experimenta en primeira persoa, nun monitor ou lentes especiais, unha situación ou contorna que recibe a través dunha cámara

instalada nun dispositivo ou vehículo que transmite en tempo real, neste caso un dron.


De man de Galicia Whoop League, liga galega de carreiras de drons FPV TinyWhoop que

combina competición, tecnoloxía e actividades abertas ao público, as propostas están a

centrarse ao longo de todo o día no seu aspecto máis lúdico e deportivo, con carreiras

con diversos pilotos de drons e tamén partidas de drone soccer (fútbol con drons). Sen

embargo, esta tecnoloxía FPV en drons conta con numerosas aplicacións, desde

vixilancia de praias ou control de pragas ata rescates ou extinción de incendios, as cales

tamén están a descubrir os participantes nos talleres programados nesta zona.


En canto á competición de drons, ao longo de todo o día enfrontáronse unha decena de pilotos galegos, aínda que de forma non oficial, nun circuíto con espectaculares

obstáculos e iluminación led que acolleu a final do torneo. Respecto ao drone soccer, os drons protexidos con estruturas esféricas están a ser os protagonistas de disputados partidos.


Súmase unha zona de simuladores na que o público pode probar a pilotaxe FPV de forma

sinxela, con pantallas e lentes especiais, descubrindo o que ven e experimentan os pilotos

reais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Moitas outras propostas

O programa para inscritos acolleu tamén este sábado outras moitas actividades tanto para

rexistrados como de entrada libre. Para os primeiros, continuaron as competicións, como as de videoxogos, arte dixital, a de leds denominada Open Led Race ou o AI Contest, unha proba centrada en programar un robot para que compita con outros nun sinxelo xogo. E tamén os obradoiros, como os centrados en montar e configurar divertidos

vehículos radiocontrol.


En canto ás restante actividades da Extranet, incorporáronse onte os talleres de cosplay, orientados a confeccionar accesorios de personaxes de videoxogos, cine, manga ou cómic, e repetíronse os de microsoldadura de placas electrónicas. Ademais, para

descansar das pantallas, celebrouse unha competición do xogo de cartas coleccionables

e intercambiables “Magic: The Gathering – Commander” e están ao dispor de todos os

participantes xogos de mesa, futbolíns ou pistas deportivas.


Unha intensa programación que é un eixo fundamental deste evento e que confire un gran

atractivo a esta edición especial, a cal conta de novo co apoio da Xunta de Galicia,

impulsora da party, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e co

patrocinio de Intermax Technology.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page