top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

A I Ruta Cabalar de Artoño congregou a uns 80 participantes

Chegaron xinetes e amazonas dende distintos puntos de Galicia


Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

Este sábado celelebrouse no municipio de Agolada a I Ruta Cabalar de Artoño, que congregou a uns 80 participantes. Esta iniciativa foi organizada polos Cabaleiros de Artoño.

A choiva fixo acto de presenza pola mañá, sen embargo, deu unha tregua pola tarde permitindo desfrutar desta xornada que arrancou pola tarde. Cabalos, xinetes e amazonas déronse cita no campo da festa de Artoño ao redor das tres da tarde e a ruta comezou pasados uns minutos das 16:00 horas.


Ata esta ruta achegáronse participantes de distintos lugares de Galicia, entre eles un grupo, formado incluso por rapaces, dende Coles (Ourense). E tamén ECOS DA COMARCA participamos literalmente nesta ruta (a pesar do medo dunha servidora (risas)).


Ademais de Artoño, o percorrido tamén transcorreu polas parroquias de Berredo e A Baíña. Os participantes fixeron parada na área recreativa da Cornella, situada entre os municipios de Agolada e Santiso, e no campo da festa da Baíña.

A xornada festiva continuou pola noite con cea e con verbena ao ritmo da charanga Ardores. Sen dúbida, foi unha gran cita que permitiu aos amantes destes animais volver reunirse e sumar bos momentos. Agora toca esperar pola segunda edición desta iniciativa dos Cabaleiros de Artoño.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page